Obra: O Discóbolo.
Autor: Mirón de Eléuteras.
Estilo: Grego clásico (Primeiro clasicismo).
Cronoloxía: 450-400 a. C.
Material: A orixinal: bronce; copia romana: mármore.
Tipo de obra: escultura exenta.
Localización actual: British Museum.
Contexto sociocultural e estilístico.
Atopámonos no século V a. C., cando Grecia vése sometida nas Guerras Médicas. O papel de Atenas e Esparta sobresae por encima das demais polis. Nesta época, en Atenas a democracia está asentada con Pericles, quen encarga moitas obras de arte.
Neste período artístico acádase o equilibrio na búsqueda da beleza ideal na escultura grega. Mirón, coetáneo de Fidias e Polícleto e ao igual que eles, emprega o canon de proporción ideal ideado por este último, segundo o cal o corpo debe medir sete cabezas a súa. Sen embargo, os rostros das esculturas non reflicten emocións. Esto débese a que as obras deste período están no umbral do clasicismo: buscan a perfección da anatomía pero non chegan a conseguilo por completo. Mirón tamén foi famoso por representar con grande realismo esculturas de animais.
Análisis da obra.
A obra representa a figura dun atleta dos Xogos Olímpicos en pleno esforzo, no momento xusto no que toma impulso para lanzar o disco. Ten unha función puramente estética: a plasmación da beleza do home coma un ideal (carácter antropocentrista).
Consérvase a copia romana realizada en mármore, aínda que a orixinal estaba feita en bronce. Trátase dunha obra escultórica de temática profana e dunha figura exenta. A anatomía está tratada cun naturalismo acusado, aínda que o rostro non esté acorde co corpo, debido a que presenta certos rasgos arcaicos tales coma o cabelo - pegado á cabeza -, os ollos almendrados e a ausencia de expresividade no rostro. Resulta unha figura idealizada e proporcionada.
Mirón xoga coa composición da escultura e crea un movemento harmónico de "diagonais" para crear dinamismo nas partes do corpo, multiplicando os puntos de vista conseguindo transmitir instantaneidade, e harmonizar os movementos contrarios.
Non presenta excesividade de claroscuros e é bastante ríxida. Pódense observar algúns rasgos - coma o tratamento dos músculos - moi pronto superados polos artistas do Segundo Clasicismo.
A pesar disto, o Discóbolo de Mirón pasará a ser un símbolo do clásico, tanto pola ruptura da frontalidade como pola innovación temática de representar ao home ideal. Deste xeito, é considerada na arte do Renacemento (na obra de Miguel Anxo) e máis adiante influirá e servirá de inspiración para o Pensador de Rodin.
No hay comentarios:
Publicar un comentario