miércoles, 18 de febrero de 2015

Cúpula de San Pedro do Vaticano


Obra: Cúpula San Pedro do Vaticano
Autor: Miguel Ángel
Cronoloxía: 1546-1564
Estilo: Renacimiento "Cinqueccento"

Medidas: 42,5m. de diámetro e 130m. de altura
Material: Pedra
O interior está decorado con distintos mosaicos do artista Giuseppe Cesari.
Sobre a base da cúpula pódese ler: "Ti es Pedro, e sobre esta pedra construirei a miña Igrexa e te darei a chaves do reino dos ceos", frase da Biblia que pronunciou Xesucristo e que se interpretou en toda a cristiandade como que lle entregaba a protestad de ser cabeza Igrexa ao apóstolo Pedro.

A arquitectura renacentista acada con esta obra un dos seus momentos culminantes. Pablo III mandou a Miguel Ángel  a terminación da basílica encomendada por Julio II a Bramante a comezos do século XVI.
Proxecta unha dobre cúpula (unha interior e outra exterior) según o modelo que xa realizara Brunelleschi en Santa María das Flores en Florencia no século XV.
Os sucesores de Bramante, tanto Rafael como Antonio Sangallo o xove, voltaran á tradicional planta basilical de cruz latina. Pero o primeiro que fai Miguel Ángel cando o Papa Julio II lle encarga continuar as obras da basílica de San Pedro é voltar á planta de cruz grega orixinal, xa planteada por Bramante, cunha gran cúpula no centro. Pero para iso ten que reforzar os 4 pilares que previra Bramante e que serviran para soster a enorme cúpula de 42,5m. de diámetro.
Sitúa a cúpula sobre o altar maior e sobre a tumba do apóstolo Pedro. O tambor sobre o que se ergue a cúpula está decorado con columnas pareadas entre as ventás. A alternancia de frontóns triangulares e semicircularres sobre as ventás e as grosas guirnaldas decoran o exterior.
A cúpula, apuntada para darlle maior presencia, está atada a uns nervios que, ademais da función técnica serven para embelecer, coa articulación do espazo, unha superficie que de outra forma sería demasiado monótona. A obra estaría rematada cunha lanterna.
Miguel Ángel non porde rematar a obra porque morre antes. Giacomo della Porta, se variar apenas s plantexamentos do maestro, daralle o empurre final dotándoa dunha liña máis aguda que a proxectada inicialmente por Miguel Ángel. Domenico Fontana, finalmente agregará a lanterna.


No hay comentarios:

Publicar un comentario